Colección: INSCRIPCIONS CARMIÑA CARREIRA'26

PROBA ABSOLUTA

1º Prazo: - Ten un custe de 14 € a través de www.emesports.es ata o 31 de maio, ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba (tarifa reducida). Recollida de dorsais tenda MILER (recomendable) ou o propio día da carreira. 

2º prazo: - Ten un custe de  19 € a través de www.emesports.es do 1 de xuño ata o 7 de xuño ás 23:59h ou ata chegar o cupo de inscritos da proba. Recollida de dorsais o propio día da carreira.

 

MENORES:

A inscrición e GRATUÍTA. A INSCRICIÓN da proba de menores pode realizarse ata o mércores venres 12 de xuño en www.emesports.es 

Poderán participar atletas federados e non federados.

 

OFERTA ESPECIAL PACK CARMIÑA-10K MARÍN

Haberá unha oferta especial para todo atleta que desexe inscribirse nas dúas probas Carmiña/MiniCarmiña e 10K Marín Manuel Rosales con precio de 20€ a fecha límite será ata o 31 de maio as 23:59 horas.

Por 4€ máis os 150 primeiros inscritos do PACK CARMIÑA/MINICARMIÑA - 10K/5K  terán a opción de adquirir un cortaventos técnico como agasallo xunto coa bolsa do corredor.

*Nota (quedan exentos deste agasallo os atletas inscritos con praza reservada).

 

CLUBS DE ATLETISMO DO CONCELLO DE MARÍN

Haberá unha serie de prazas reservadas para os clubs de atletismo de Marín sempre e cando os corredores estean empadroados no municipio, tendo en vigor a ficha federativa. Ademais haberá prazas para os empadroados en Marín con licencia en vigor aínda que pertenzan a clubs de fora do municipio.

O realizar a inscrición todo corredor aboará directamente a cantidade de 1€ en www.emesports.es  tendo que facer a inscrición antes do 31 de maio as 23.59 h, a partir do 1 de xuño estarán sometido a inscrición normal como calquera outro deportista. 


PUNTOS DE RECOLLIDA.

Si estás interesado en recoller o teu dorsal nun punto de recollida habilitados para o evento, deberás marcalo no momento de realizar a inscrición.

Este servizo estará habilitado so para os inscritos do primeiro prazo, ata o 12 de xuño.

Os corredores que decidan esta opción, NON TERÁN OPCIÓN DE RECOLLELO O PROPIO DÍA DA PROBA.

O CUSTE DE ESTE SERVICIO SERÁ DE 1€.

  • PONTEVEDRA: Miler Vintage Running Clube e o día da proba.
  • VIGO: Bikila Vigo.
  • OURENSE: Runmaniak.
  • LUGO: Ndorfina Sports.
  • A CORUÑA: Marathon Running Shop  
  • SANTIAGO: Atleet Santiago, rúa Doutor. Teixeiro.

 

RECOLLIDA DE DORSAIS.

Inscricións anteriores a o 31 de maio.

TENDA MILER (horario comercial), rúa peregrina 6, soto. Pontevedra, o mércores 10 de xuño ata o sábado 13 de xuño en horario comercial.

Ou o domingo, 14 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 1H antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).

Resto de inscritos.

NA ZONA DE META. Domingo, 14 de xuño, a partir das 8:30 horas ata 1H antes do inicio da proba. NO PUNTO DE META. (NUNCA NA SAÍDA).

PUNTOS DE RECOLLIDA

Os corredores que decidan esta opción NON terán opción de recollelo o propio día da proba. 

Recollida: mércores 10 de xuño ata o sábado 13 de xuño en horario comercial.

0 artículos

Lo sentimos, no hay productos que coincidan con su búsqueda.